viernes, 30 de noviembre de 2012


El Concello asina un convenio con Arela co obxectivo de colaborar na prestación da atención as persoas con discapacidade


Cambre, 10 de  noviembre de 2012.  O pasado venres 9 de vovembro o alcalde de Cambre, Manuel Rivas, asinou un  convenio coa asociación ARELA por importe de 2.500 euros co obxectivo de colaborar na prestación da atención necesaria aos veciños e veciñas de Cambre con discapacidade e aos seus familiares, a través dos medios e persoal dos que dispoña ARELA.
            A Asociación de Persoas con Discapacidade e Familiares de Cambre (ARELA) nace no ano 2007, a través dun grupo de familiares de enfermos con algún tipo de discapacidade, xa sexa sensorial, cognitiva, física ou síquica que tiñan moitas inquedanzas e querían loitar polos dereitos das persoas con discapacidade e de poder ofertar, por un lado, máis actividades de ocio e lecer para este colectivo, e por outro lado, poder ofrecer servizos de xeito máis económico que son necesarios para eles, tales como fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional.
            O Concello de Cambre carece de persoal e de medios necesarios para desenvolver cos seus propios recursos programas de atención e intervención cos posibles usuarios do municipio de Cambre que padezan algún tipo de discapacidade, polo que apoiando a este tipo de Asociacións, recordando que é a única existente no municipio de Cambre para persoas con discapacidade, nos permite o poder conquerir servizos e actividades aos que como Concello non podemos chegar.

            Así, asinouse o pasado venres 9 de novembro un  convenio por importe de 2500 euros consignada no orzamento municipal de 2012, e deste xeito colaborar na prestación da atención necesaria aos veciños e veciñas de Cambre con discapacidade e aos seus familiares, a través dos medios e persoal dos que dispoña ARELA, e facilitando a incorporación aos servizos e ás actividades de lecer que se desenvolven na mesma tales como :
-         Tratamiento logopédico: para previr e tratar alteracións da fala, voz, linguaxe, audición, lectura e escritura.
As sesións (2 semanais de unha hora cada unha) se realizan de xeito individualizado e en coordinación con Centro de ensino do neno.
-         Fisiotarapia: potenciar o desenvolvemento sicomotor que limita a independencia dos usuarios, empregando un conxunto de técnicas que prevén e readaptan aos usuarios.
A fisioterapeuta contratada, traballa no local da Asociación de luns a venres catro horas diarias, sumando un total de 20 horas semanais.
-         Terapia Ocupacional